Skip to main content

As melloras estéticas e os novos cultivos amplían a dimensión desta iniciativa ambiental e de RSE que TEN – Tratamientos Ecológicos del Noroeste iniciou na primavera de 2022

La nueva valla del huerto de TEN - Tratamientos Ecológicos del Noroeste rodea todo el terreno.
O novo valado da horta de TEN – Tratamientos Ecológicos del Noroeste rodea todo o terreo.

Fai máis dun ano que dicimos converter unha parte do terreo da nosa planta na horta de TEN- Tratamientos Ecológicos del Noroeste. Esta iniciativa ambiental xurdiu da necesidade de dar un paso a favor do medio ambiente e, como non, dun compromiso coa visión e misión de TEN xa que a terra se nutre con noso #CompostTEN.

O abono orgánico producido por TEN – Tratamientos Ecológicos del Noroeste a partir de restos orgánicos e forestais con residuo cero é un abono natural de excelente calidade e óptimo corrector de solos. Ademais de ver os bos resultados da súa aplicación nos cultivos dos nosos clientes, na nosa horta somos testemuñas día a día de que este compost é un excelente substituto dos fertilizantes químicos!

Esta iniciativa ambiental e de RSE non sería posible sen a colaboración do persoal. En especial dos compañeiros que directamente se implicaron coa preparación e co coidado da horta para que o resto do equipo e visitantes puidesen levar ás súas casas quilos de verduras e de hortalizas. Todos xuntos foron os mellores embaixadores deste proxecto, e en particular, da calidade dos nosos produtos.

Despois dunha primeira colleita de repolo, brócoli, coliflor, perexil, berenxena, xudía, tomates ou pementos de Herbón da que sentimos moi orgullosos, esta tempada 2023 introducimos melloras estéticas e sumamos novos cultivos como allos porros, amorodos ou lombarda. Valamos todo o perímetro cunha bonita cerca de madeira, cada planta conta co soporte idóneo para medra e os novos maceteiros dos amorodos son os outros protagonistas deste pequeno espazo de vida vexetal.

Nunhas semanas actualizamos tamaños de crecemento! Atentos ás nosas redes sociais: Facebook, Instagram, Twitter e Linkedin!