¡En TEN – Tratamientos Ecológicos del Noroeste seguimos o ritmo do campo! Despois das plantacións forestais e de cebada, estas semanas, o compost orgánico de TEN xa está abonando as futuras colleitas de millo.

O millo é un cultivo con altas necesidades nutritivas que suplen de forma moi eficiente e a baixo custo os os fertilizantes orgánicos como o compost producido por TEN. Outra das vantaxes do noso produto é o traslado directo ata a plantación desde a nosa sede.
RSE e contribución á contorna
No caso de agricultores e forestais da zona de influencia da nosa empresa, o municipio de Touro e outros limítrofes, TEN – Tratamientos Ecológicos del Noroeste subvenciona parte da aplicación do noso compost orgánico no terreo. É unha das nosas medidas de RSE (Responsabilidade Social Empresarial) para colaborar coa economía local.
TEN – Tratamientos Ecológicos del Noroeste é unha empresa ambiental líder en Galicia no tratamento de residuos orgánicos e da industria forestal, que converemos en novos produtos de valor engadido (compost e tecnosolos) con residuo cero.