Unha porción do material resultante do noso proceso de valorización en TEN é o compost, un produto que actúa como nutriente para o chan, mellorando a estrutura e axudando a reducir a erosión e a absorción de auga e nutrientes por parte das plantas.

O compost obtense da aceleración dos procesos naturais de fermentación da materia orgánica en presenzade osíxeno, mediante o control da proporción de nutrientes, da temperatura e da humidade do proceso.

O compost é un produto orgánico totalmente estabilizado que se pode utilizar como fertilizante e corretor de chans.

RESIDUOS
TRATAMENTO DE VALORIZACIÓN EN TEN
OBTENCIÓN DE COMPOST DE CALIDADE

Vantaxes

  • Excelente emenda orgánica para chans, mellorando as súas propiedades físicas (estabilidade, porosidade, permeabilidade) e químicas (actividade biolóxica).
  • Facilita a retención de humidade no chan.
  • Dada a temperatura á que se produce o compost (entre 600 e 700) garántese a destrución dos xermes que puidera haber na materia orgánica.
  • Pódese almacenar durante longos períodos de tempo, é máis fácil de manexar que os lodos e o seu transporte máis barato.

Usos e aplicacións

Agricultura intensiva

Agricultura extensiva

Paisaxismo