Dentro da nosa política de portas abertas e colaboración coa comunidade universitaria, en decembro pasado, recibimos na planta de tratamento de Touro (A Coruña) ao alumnado do Máster en Saúde Pública da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Tras a benvenida por parte da dirección da empresa, o grupo percorreu as instalacións para coñecer de primeira man a actividade de TEN e o proceso de xestión de residuos.
TEN – Tratamientos Ecológicos del Noroeste é unha industria ambiental dedicada á valorización de residuos non perigosos, entre os que se atopan lodos de depuradora. Mediante un proceso de compostaxe utiliza estos residuos como materia prima para elaborar fertilizantes orgánicos e solos artificiais.



